Hai uns intres o Grupo Socialista Provincial vén de presentar no rexistro da Deputación de Lugo a moción de censura que posibilitará o desaloxo dos populares do goberno da Deputación.
Para o vindeiro día 8 de outubro está convocados os tres grupos políticos presentes no pleno provincial, tal e como remata de anunciar a aínda presidenta da Deputación, Elena Candia.
A moción foi presentada polos deputados do grupo socialista, entre os que se encontraba Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, que ata de agora non permitira que se presentara dita moción.
Para as 12.30 está convocada unha rolda de prensa conxunta de Psoe e Bng para anunciar dita moción de censura.