O PXOM é legal agás a parcela de “O Garañón” segundo a sentenza do TSXG

O TSXG emitiu no día de hoxe unha sentenza, onde declara legal o PXOM de Lugo, agás a a Unidade de Actuación CS5 coñecida como O Garañón. Ante esta información,  o Goberno Municipal emitiu o seguinte comunicado:

O Goberno de Lugo, coñecedor no día de hoxe da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Cultural na Defensa do Parque de Rosalía contra a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, celebra que o Tribunal acollera o alegato do Concello sobre a improcedencia de alegar en trámite de conclusións cuestións novas que non foron plantexadas inicialmente na demanda.

Do mesmo xeito, subliña que a inadmisibilidade é en relación co tema dos ríos, que entende que forman parte do 5% sen aprobar, segundo o Fundamento de dereito Quinto desta Sentenza.

Así mesmo, destaca a adecuación a dereito da memoria e estudo económico financeiro e sobre todo, en relación á proxección de poboación e ao respecto do principio de desenvolvemento sostible e reparto de cargas e beneficios que son salvados expresamente.

Quere tamén pór de manifesto a apreciada falta de lexitimación da asociación para plantexar impugnacións de cuestións axenas aos seus obxectivos.

En canto ao que se refire á Unidade de Actuación  CS5, é un asunto complexo, tanto que o Concello estuda a posibilidade de pedir unha aclaración de sentenza sobre o fundamento undécimo. Aínda así, e con relación a esta unidade de actuación, a posición do Goberno está clara e manifestada dende que se presupostan 300.000 euros para a demolición do Garañón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com