O Racing Vilalbés convenia coa Deputación para cubrir os custos da tempada 2018/2019

O Voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, e o Presidente do Racing Club Villalbés, Francisco Ruiz Rey, informaron sobre a sinatura dun novo convenio de 20.000 euros co que a Deputación colabora nos custos de tempada 2018 e do que se beneficiarán máis de 200 rapaces.

A través deste novo acordo, asumiranse custos de funcionamento de arbitraxe, adestradores, transporte, gastos federativos, material ou manutención, que permitirá investir máis recursos nos 226 nenos e rapaces de entre 5 e 18 anos que integran os 14 equipos que forman o club nas diferentes categorías deportivas, entre xuvenil, cadetes, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón.

Santos Ramos subliñou que “con esta nova axuda, o Racing Vilalbés poderá continuar crecendo e, polo tanto, fomentando o deporte entre os máis novos”.

“Dende a Deputación cremos que a formación, no só deportiva, tamén humana e en valores, dos nosos mozos e mozas, supón un dos desafíos máis apaixonantes que temos por diante no futuro inmediato. Non se trata só de deporte, falamos da cultura do esforzo, do compañeirismo e da solidariedade, de fomentar hábitos de vida saudable entre, e valores como o traballo en equipo, esforzo e superación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com