Na axenda deportiva desta fin de semana, o adestrador do Ribeira Sacra Breogán, Lisardo Gómez, considerou clave onte en rolda de prensa, lograr una vitoria mañá no Pazo dos Deportes as seis, ante o Cocinas.com, equipo sobre o que advirte da súa peligrosidade.
Lembrar que cada abonado poderá convidar a un acompañante a presenciar o partido, ou o que é o mesmo, con cada carné poderán entrar dúas persoas.
Non será preciso retirar invitación, o que sí será imprescindible é que co carné entren as duas persoas xuntas. @CBBreogan
Doutra banda, Club Deportivo Lugo afrontará o vindeiro domingo o partido ante o Leganés con sete xogadores de baixa. O comité de competición sancionou cun encontro por acumulación de tarxetas amarelas a Fernando Seoane, Lolo Plá e a Borja Gómez. @CDeportivoLugo
Súmanse as de Pelayo Gómez e Jonatan Valle, que se recuperan dunha rotura muscular, así como a de Ernesto Gómez, que aínda non recibiu a alta médica, logo de ser intervido dos xeonllos no verán.
Por último, Prone Lugo enfrontarase ao Montesinos Jumilla, mañá no Pavillón Carlos García, a partir das cinco da tarde.