O sábado conmemórase o Día do Planeta

O Concello de Lugo súmase á campaña A Hora do Planeta de Word Wildlife Fund, que se celebrará o vindeiro sábado, día 28 de marzo, entre as oito e media e as nove e media da noite.  Nese momento, o Concello apagará o alumeado da Muralla romana para concienciar aos lucenses do grave problema que supón o cambio climático e na defensa do medio ambiente.

A Hora do Planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático, co apagado das luces dos seus principais edificios e monumentos.

En España xa son máis de 160 as cidades adheridas á campaña e preténdese chegar a superar a cifra de 260 concellos, neste apagón simbólico dos principais monumentos ou edificios públicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com