O Concello de Lugo vén de anunciar a posta en marcha de dous mercadillos de rúa este verán, o San Pedrín e A Milagrosiña, ambos iniciativa do Goberno municipal a través da súa Área de Desenvolvemento Local e Emprego, para incentivar a compra no comercio local durante os meses de xullo e agosto e dinamizar os barrios a través dunha programación consistente en actividades de rúa, sorteos e propostas lúdicas para todas as idades.
A rexedora, Lara Méndez, avanzou que o San Pedrín, enmarcado na rúa San Pedro e Campo Castelo, terá lugar todos os mércores a partir do vindeiro día 15 e A Milagrosiña, que terá lugar polo barrio da Milagrosa, será todos os venres dende este vindeiro 17 de xullo. Aínda que nun principio son 26 os locais unidos a esta iniciativa na zona centro e 150 na Milagrosa, poderán sumarse novos comerciantes ao longo do verán.
As tendas estarán decoradas e identificadas e os locais de moda poderán sacar os seus produtos ás rúas. En calquer caso, as vendas terán descontos para os clientes.
Asemade, o Concello programou cos comerciantes actividades musicais, desfiles de moda, sorteos e outras actividades lúdicas para todas as idades, sempre co compromiso de que se garden as medidas de protección da saúde.
Xul 14, 2020 - 01:43 AM
Esta moii ben a idea. Pero lembrade de trasmitir, SENTIDIÑO e que o covi segue ahí.
Xul 13, 2020 - 08:07 PM
Curioso o conto, durante anos e anos pedíndolle o comercio básico que se modernizase que fixera mais atractivas as suas tendas, vamos, que gastase un céntimo en arranxar os locais, agora que cada vez teñen mellor pinta pa entrar neles, as asociacións de comerciantes e as nosas autoridades non fan mais que promocionar que se venda na rua. Entón, igualiño cos Bancos, parecense cada vez mais o hall de un gran hotel, pero queren que fagas ti o papeleo na rua.