Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga), organiza a segunda edición do roteiro ‘Observación de Cabalos PGR na serra do Xistral’. O roteiro comezará o día 19 ás 10.30 da mañá con saída na praza de Viveiró.
O programa é o seguinte: subida en minibús ao parque eólico do Leboreiro coa explicación das características do Xistral e da situación do rural na zona. Tamén se falará da importancia do valor medioambiental e da labor do gando autóctono. Poderase observar a paisaxe, a fauna e a flora do sistema, que é parte da Rede Natura 2000.
A continuación, baixarase a pé se as condicións meteorolóxicas o permiten. Os asistentes poderán contemplar os cabalos en estado semisalvaxe e das greas de Pura Raza Galega (PRG) no seu hábitat natural. Unha vez finalizada a ruta pola serra do Xistral, xa de volta na praza do Viveiró, haberá unha degustación de carne de poldro PRG no restaurante Casa Vituco-Picapán, preparada en diferentes receitas. O prezo do roteiro e do menú, de 15 euros por persoa. O roteiro conta coa colaboración do Concello de Muras.
As prazas son limitadas. Para anotarse no roteiro, basta chamar ao teléfono 981.50.00.01 ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao móbil 689.41.97.22.