O Senatus Lucus Augusti lava as súas togas en Aspnais

A asociación Senatus Lucus Augusti, ou o que é o mesmo, os Senadores do Arde Lvcvs, fixeron entrega hoxe das súas togas na lavandaría da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais) para telas en perfecto estado á espera da vindeira edición da festa lucense.

Con esta acción, pretender dar a coñecer este servizo, atendido polos usuarios de Aspnais e colaborar activamente na súa difusión, do que darán conta tanto na súa web oficial (www.spql.es) como nas redes sociais.

Este obradoiro de Aspnais está dedicado ao lavado e pasado de ferro de roupa do fogar tanto para particulares como para empresas, dando servizo a diferentes equipos deportivos ou centros de estética. Deste xeito, búscase a habilitación profesional dos usuarios con programas adaptados segundo as súas características, necesidades e intereses coa colaboración dun equipo de profesionais que traballan para mellorar a súa capacidade de vida.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com