O SERGAS notificou na tarde de onte o falecemento por Covid dun novo usuario do Centro de Atención a Maiores das Gándaras. Trátase dun home de 64 anos que xa é a terceira vítima dese gromo co que conta a Residencia lucense dende mediados do pasado mes de agosto.
Con el suman xa 236 as vítimas cobradas polo virus na provincia.