O servizo de limpeza recolleu 3,5 toneladas de lixo tras a festa da Carballeira

O servizo de limpeza do Concello de Lugo recolleu este xoves, dende as 07:00 ata ao redor das 10:30 horas, 3.520 quilos de residuos na Carballeira e nas súas inmediacións tras a festa celebrada onte neste entorno, unha cantidade que baixou en 500 quilos con respecto á edición de 2016.

O dispositivo especial posto en marcha pola entidade local para deixar en perfecto estado a Carballeira estivo formado por 16 operarios (4 condutores, un maquinista e 11 peóns equipados con sopradores) e 9 máquinas (un camión recoletor, un camión satélite, dúas varredoras de calzada, unha varredora de beirarrúas, unha cisterna, unha hidrolimpadora, un equipo mixto e un camión de caixa aberta).

O servizo de limpeza non detectou este ano ningún destrozo no mobiliario urbano do recinto.

A Policía Local despregou un servizo integrado por tres Unidades Móbiles que permaneceron nas inmediacións da Carballeira durante a celebración da festa.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com