O SLG acusa á industria de empregar contratos obrigatorios para extorsionar ao sector produtor

O Sindicato Labrego Galego denuncia a imposición de contratos obrigatorios a un ano por parte do Ministerio de Agricultura, “sen establecer mecanismos que garantan uns prezos que cubran os custos de produción e eviten a posición de dominio das industrias na fixación unilateral de condicións”.

Dende o sindicato afirman que ao final do sistema de cotas, as industrias están aumentando a presión para obrigar ás explotacións a asinar contratos a prezos moi baixos, que rondan os 26 e os 28 céntimos por litro.  Sinalan asemade, ter constancia de industrias que ameazaron familias gandeiras con deixar de recollerlles o leite se non asinan contratos nesas condicións antes do 1 de abril.

Denuncian a pasividade da Consellería do Medio Rural e do Ministerio de Agricultura, diante dunha situación de gran dificultade para o sector que se enfronta a uns prezos por debaixo do custe de producción, “sen que a Administración poña en marcha ningunha medida de apoio ao sector produtor”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com