O SLG organiza un curso de elaboración de queixos en Chantada da man do mestre José Luís Martín

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de elaboración de queixos que se desenvolverá no local social de Arcos (Chantada) do 14 ao 18 de setembro. As persoas que participen poderán elixir horario de mañá ou de tarde, de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas, e as clases serán impartidas polo mestre queixeiro José Luís Martín. Entre outros datos relevantes do seu currículo, Martín é asesor dalgunhas das queixerías de máis renome da Galiza e do Estado, director de Gourmetquesos no Salón de Gourmets e organizador do Campionato dos
Mellores Queixos de España.
Ademais da parte teórica, os asistentes participarán tamén nunha visita práctica á queixería Airas Moniz, en San Salvador de Asma (Chantada). Esta semana vén de abrirse o prazo para anotarse. O curso é gratuíto, xa que está financiado ao 100% polo Ministerio de Agricultura, e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 440 804 ou escribindo a chantada@sindicatolabrego.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com