O SLG pide axudas urxentes para o sector da carne de vacún diante da caída crónica de prezos provocada pola Covid-19

Logo de dous meses dende a celebración do último Consello Agrario Galego, o 16 de xuño, no que se tratou a necesidade de apoiar os sectores agrogandeiros máis afectados pola crise da Covid-19; “unha das producións que máis sufriu o impacto do confinamento e do peche e restricións á hostalería, a carne de vacún, segue sen recibir ningún tipo de apoio ou axuda, nin por parte do Ministerio de Agricultura nin da Consellaría de Medio Rural”, denuncia o SLG.

Nunha análise realizada polos servizos técnicos do Sindicato Labrego Galego, “constatamos que o prezo medio das liquidacións entre abril e xuño de 2020 foi de 4’17 € por quilo/canle en tenreira de calidade Suprema e de 3’5 € quilo/canle en tenreira normal. Estes datos desmenten os publicados pola propia IXP Tenreira Galega a finais de xuño e demostran o descenso que a crise da Covid-19 provocou no valor da carne de vacún na Galiza”, arredor dos 50 céntimos por quilo en Tenreira Suprema e outro tanto na normal”. A depreciación tórnase brutal no caso da carne de desvelle que, nalgúns casos, chegou a encaixar caídas no prezo do 50%”, afirman dende o sindicato. Estas axudas deberán ser urxentes e” deben ser para vacas nutrices e granxas para garantir que chegan aos produtores e produtoras
por iso, dende o sindicato labrego galego, insistimos na necesidade de activar axudas directas, de maneira urxente e a curto prazo, para o sector da carne de vacún. estas axudas deben estar orientadas a paliar as perdas producidas pola covid-19 e a garantir a continuidade das granxas, moitas delas en zonas desfavorecidas e de alta montaña. a mellor maneira de activar estas axudas, a xuízo do SLG, sería autorizar un pago adicional por becerro sacrificado vinculado a vaca nutriz que permita equilibrar os prezos; ou facer un pagamento directo por vaca nutriz ou por granxa, xa que se estaría a pagar directamente a quen produce os xatos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com