O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho a Olalla Ferreiro del Rey, que vén de ser nomeada directora provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social en Lugo polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
A nova directora provincial do INSS, que substitúe no cargo a Antonio Nores Quesada, naceu no municipio de A Coruña en febreiro do ano 1979, é licenciada en Dereito e diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade San Pablo-CEU. Funcionaria de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social, Olalla Ferreiro ocupou, ata o seu recente nomeamento como responsable do Instituto Nacional da Seguridade Social en Lugo, o posto de conselleira na Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, en Madrid.