O Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de nulidade presentado polo consistorio pontevedrés contra unha sentenza anterior, tamén do Supremo, que concedía ao organismo provincial lugués a marca nacional Kilómetro Cero Deputación de Lugo.
Con esta resolución xudicial firme, o Tribunal Supremo rexeita todas as alegacións presentadas polo Concello de Lalín, nunha resolución que afirma que éstas “resultan infundadas” e declara “axustada ao dereito” a concesión da marca nacional á Deputación de Lugo.
O TS reitera que se trata dunha “marca distinta concedida previamente á Deputación de Lugo” e aclara que “non existe risco de confusión” entre os distintivos Kilómetro Cero Deputación de Lugo e Lalín Quilómetro Cero de Galicia.
Deste xeito, o Supremo desestima as pretensións do Concello de Lalín, dando carpetazo definitivamente ao caso e impoñendo as costas ao Concello de Lalín.
Escoitamos á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez: