O Supremo inadmite a reclamación ao Concello por reducir a edificabilidade no antigo solar de Telefónica

O Tribunal Supremo decidiu inadmitir a trámite o recurso de casación presentado por Inversiones Malleo contra a desestimación dunha reclamación de responsabilidade patrimonial ao Concello por importe de 3,5M€ por reducir a edificabilidade no solar número 25 da avenida Doctor García Portela, que no seu día foi de Telefónica.

A decisión do Alto Tribunal prodúcese despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitase previamente, en outubro de 2017, o recurso, e, así, pon fin á vía xudicial iniciada no 2013 por esta empresa, que reclamaba unha indemnización por non poder construír na parcela situada entre o edificio do antigo sanatorio Portela e O Garañón tras a aprobación do PXOM.

O Supremo, que impón 1.000€ de custas á Inversiones Malleo, inadmite a trámite o recurso por falta de fundamentación suficiente da concorrencia dos supostos precisos que determinen o interese de formación de xurisprudencia e por referirse a cuestións de feito excluídas da casación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com