A tenenta de alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, participou este luns en Zaragoza na inauguración oficial do Tour do Talento 2023, que celebrará a súa primeira parada na cidade maña dende hoxe e ata o vindeiro venres. A iniciativa, impulsada pola Fundación Pricesa de Girona, celebrarase en Lugo do 2 ao 7 de maio e incluirá unha ampla axenda de eventos e talleres sobre temas de máxima actualidade centrados na mellora da empregabilidade e o desenvolvemento profesional, competencial e persoal da mocidade, en formatos disruptivos e innovadores, e fomentando a participación e o networking.
Lugo foi a única cidade galega seleccionada para acoller esta xira e unha das cinco onde se desenvolverá en toda España. As outras catro son Zaragoza, Valladolid, Córdoba e Girona. O obxectivo desta iniciativa é impulsar e conectar o talento dos mozos e mozas do país. O acto inaugural deste luns estivo presidido polo rei Feilpe VI e nel participaron representantes dos cinco municipios anfitrións.