O tráfico ferroviario entre Monforte e Lugo verase interrompido entre os días 17, 18 e 19 de setembro

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os días 17, 18 e 19 de setembro debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor.

Adif acometerá durante este período actuacións en infraestrutura (obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 km de lonxitude. A execución desta fase de obras é incompatible co tráfico ferroviario, xa que leva consigo o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria.

Entre as principais actuacións previstas figuran a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3 kV a 25 kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo. Por outra banda, acometerase neste período a renovación da cabeceira norte da estación de Monforte de Lemos, onde se substituirán 10 desvíos por outros de tipo P de última xeración e a renovación das vías 1, 2, 3 e 4.

Renfe estableceu un Plan Alternativo por estrada os días 17,18 e 19 de setembro para os seguintes servizos:

Trens afectados 17, 18 e 19 de setembro

  • Tren Alvia con saída de Lugo ás 11:05 e chegada a Madrid-Chamartín ás 16:06: transbordo por estrada entre Lugo e Monforte de Lemos.
  • Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 11:05 horas e chegada a Ourense ás 12:55 horas: transbordo por estrada entre Lugo e Monforte de Lemos. Trens afectados 17 e 18 de setembro.
  • Tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 13:15 horas e chegada a Lugo ás 18:10 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 16:20 horas e chegada a Lugo ás 18:10 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo.
  • Tren de Media Distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7:11 horas e chegada á estación da Coruña ás 10:12 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade.
  • Tren de Media distancia con saída da Coruña ás 7:03 horas e chegada a Ourense ás 10:35 horas: transbordo por estrada entre Rábade e Ourense.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 12:22 horas e chegada a Lugo ás 14:14 horas: realiza todo o traxecto por estrada.
  • Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 14:25 horas e chegada a Ourense ás 16:13 horas: realiza todo o traxecto por estrada.
  • Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19:55 horas e chegada á estación da Coruña ás 23:31 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Rábade.
  • Tren de Media Distancia con saída da Coruña ás 19:45 horas e chegada a Monforte de Lemos ás 22:56 horas: transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos.

Medidas posvenda Para aqueles clientes dos trens de Servizos Comerciais ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes. O reintegro ou o abono xerado, producirase mediante o mesmo medio de pago previamente utilizado para a compra do título de transporte. Non se admiten bicicletas nin animais de compañía nos traxectos por estrada afectados.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com