O transporte urbano recupera os asentos anulados co pase a fase 3 da desecalada

Co paso á fase 3, o transporte público recupera a totalidade dos asentos que foran precintados durante a crise sanitaria. Segundo informou Rubén Arroxo, “o decreto do estado permite recuperar todos os asentos, mais aínda limita as prazas de pé, que deberán seguir mantendo a distancia interpersoal de dous metros”.

Arroxo sinalou que, “os buses urbanos seguirán contando con elementos de protección, como mamparas para protexer ao persoal da empresa, e será obrigatorio o uso de máscara para todas as persoas usuarias, exceptuando as que o propio decreto exime da máscara,  que deberán acreditar a situación”.

“Seguimos animando á veciñanza a que pague o bus urbano coa Tarxeta Cidadá” afirmou Rubén Arroxo, que explicou, “coa tarxeta, redúcese o contacto entre persoal e usuarios e usuarias do transporte público, o que na práctica se traduce en reducir os riscos de contaxio”. Ademais, o Tenente de Alcalde lembrou que “o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou incluso 0,31 no caso de ter dereito a algunha bonificación, pagando só 0,19€ se se realiza un transbordo”.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com