O Tríatlon do Miño cumpre 30 anos, sendo a proba máis consolidada de Galicia

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto ao representante da Asociación Deportiva Fefeme, organizadora do evento, José Ángel Fernández; presentaron esta mañá o XXX Tríatlon do Miño, que se disputará este domingo, 15 de xullo, na contorna do río, agardando a participación dunhas 200 persoas deportistas.

No acto, Abelleira e Rivera amosáronse encantados de colaborar, un ano máis, con esa proba, moi arraigada no calendario de citas deportivas da cidade e sendo a proba desta disciplina máis consolidada de Galicia. Así mesmo, enxalzaron a práctica do tríatlon, deporte afianzado e de pódium en Galicia, destacando nos últimos anos no Campionato de España o club Cidade de Lugo. Para rematar convidaron a toda a cidadanía a achegarse á beira do Miño a disfrutar da vistosidade desta proba.

A proba do nada e corre non competitivo será dentro das instalacións da área recreativa e a proba poopular consistirá en 300 metros de natación, 13 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira a pé. Esta edición conta cun total de 1.200 euros en premios para repartir entre os competidores masculinos e femininos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com