O vindeiro xoves 31 de outubro, preto de 90 establecementos participan no Truco ou Trato de Lugo Monumental no casco histórico da cidade e repartiran doces de balde aos nenos.
O funcionamento non pode ser máis sinxelo: 88 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén 2.500 bolsas decoradas ao xeito de cabazas.
Nesta ocasión a Asociación optou por bolsas de papel, seguindo criterios de ecoloxía, e coa vantaxe de que están fabricadas en Lugo, na empresa VrioPack que está no Ceao. Deste xeito, non só se beneficia a firmas locais senón que se elimina unha gran cantidade de plásticos ao usar estas bolsas de papel.
Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.
Na web lugomonumental.es están xa colgadas as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.
O Truco ou trato será o día 31 (xoves) e os horarios serán os de cada establecemento.
¿Os nenos teñen que estar disfrazados? Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.
¿É necesaria inscrición? Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais participantes.