O TSXG absolve a un condenado por traficar con cocaína en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu a un home dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde, polo que fora condenado a tres anos e seis meses de cárcere pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Os maxistrados explican na sentenza que durante un rexistro no domicilio da súa nai e o seu irmán -o cal estaba baixo investigación policial por venda de drogas-, se comisou cocaína, parte dela na habitación que ocupaba ocasionalmente o recorrente, pois non era a súa residencia habitual. A Sala do Civil e Penal acolleu o recurso de apelación presentado polo procesado porque “non reside no domicilio nin se lle viu nunca realizando entregas ou recibindo consumidores”. Ademais, os xuíces lembran que a investigación sobre tráfico de drogas nunca se dirixiu contra o recorrente

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com