O TSXG confirma a condena de catro anos de cárcere imposta a un home por abusar da filla duns amigos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo na que condenou a catro anos de cárcere a un home por abusar sexualmente da filla menor de idade duns amigos, a cal ten diagnosticada “unha discapacidade intelectual e atraso madurativo cifrado nun grao de discapacidade do 41 %”. O acusado, segundo o relato de feitos probados da resolución, aproveitou a ausencia dos pais da menor do domicilio familiar debido ao nacemento do irmán da vítima para cometer os abusos. O TSXG, do mesmo xeito que a Audiencia Provincial, sinala que se aproveitou “da situación de superioridade que tiña fronte á menor en atención á amizade que tiña coa familia e á discapacidade que sufría”.

A Sala do Civil e Penal salienta na sentenza que a conduta do condenado “vén acreditada polas propias mensaxes que lle remite á vítima, e que son o detonante para a investigación da causa, e que esta mostra ás súas profesoras e a súa amiga, e cuxo contido non ofrece dúbida algunha de que provén do teléfono do acusado e que reflicten un inequívoco contido sexual, aludindo a episodios sexuais desenvoltos entre ambos cando ela tiña tan só 12 ou 13 anos”. O fallo non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com