O TSXG confirma a condena de sete anos de cárcere imposta ao home que tentou matar ao seu compañeiro de residencia en Baralla

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que condenou a sete anos de cárcere, como autor dun delito tentado de homicidio, a un home que atacou que atacou ao seu compañeiro de residencia cun coitelo en 2021 en Baralla. O tribunal de primeira instancia considerou probado que tiña intención “de ocasionarlle a morte” cando lle cravou a arma branca á vítima no seu costado esquerdo e, a continuación, tentou asestarlle unha nova coitelada na zona do tórax, a cal ingresou, segundo o tribunal, “moi pouco no corpo do afectado”. Os maxistrados rexeitaron, desta forma, o recurso presentado polo condenado, o cal alegaba que a Audiencia Provincial incorrera nunha errónea valoración da proba, vulnerado a presunción de inocencia e, finalmente, que errara na calificación dos feitos, en canto haberían de calificarse como un delito de lesións, en lugar do tentado de homicidio.

O TSXG salienta na sentenza que a agresión se produciu “no contexto dunha mala situación relacional (inimizade, resentimento) previa coa vítima, na que, aínda que se acepte unha previa discusión (palabras sen concretar), se fixo uso dun coitelo de cociña de aproximadamente 21 centímetros de folla, dirixíndoo a unha zona como a costal, de modo repetido, porque son dúas as coiteladas que se lanzan, dun modo súbito e inesperado, sen feito coetáneo ou posterior que permita outra conclusión distinta a que se pretende privar da vida á vítima, en acto que, polos seus antecedentes penais, o propio agresor coñece as consecuencias que pode ter”, pois xa fora condenado por un delito de asasinato.

Todo iso fai que os maxistrados conclúan que “a intención de privar da vida apreciada pola sentenza de instancia é correcta”. A Sala non comparte que a proba fose insuficiente para desvirtuar a presunción de inocencia do procesado, á vez que indica que “tampouco todo o probado permite contemplar a versión alternativa de que sería a propia vítima quen se causou as lesións abalanzándose contra o recorrente mentres este portaba defensivamente un coitelo”. O TSXG destaca que non hai ningún dato que avale tal versión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com