O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima a demanda presentada polos deputados do Partido Socialista Provincial solicitando a suspensión cautelar do Regulamento da Deputación aprobado en Pleno.
Segundo explica o tribunal, “non concorre ningunha infracción ao ordenamento xurídico nin unha causa manifesta de nulidade”, polo tanto non se pode conceder esa suspensión.