O TSXG rexeita o recurso de Alcoa e considera “imprescindible” prohibir á empresa que pare as cubas

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou o recurso de reposición interposto polo Grupo Alcoa Inespal fronte ao auto ditado o 4 de novembro pola mesma Sala no que ordena á empresa “absterse de levar a cabo calquera actuación dirixida a facer efectiva a parada das cubas”. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo tanto, confirma esta resolución. Os maxistrados salientan no auto, contra o que cabe interpoñer recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que a medida cautelar adoptada ten “un compoñente principalmente de anticipación”, din, xa que a consideran “imprescindible” para o caso de que, nunha hipotética declaración de nulidade do despedimento colectivo, se puidese readmitir de maneira inmediata aos traballadores. A Sala recalca que o apagado das cubas electrolíticas “aínda non sendo irreversible, é un proceso complexo, custoso e dilatado no tempo”, o que carrexaría “graves prexuízos aos traballadores”, segundo advirten os maxistrados.

A sala sinala ademáis que “a instrumentalidade” da medida cautelar solicitada polos sindicatos está dirixida a que non se frustre a posibilidade dunha readmisión para o caso “hipotético” de que recaese unha resolución favorable a unha pretensión de nulidade do despedimento. Os xuíces entenden que a prohibición de parar as cubas era “non só necesaria,expplican, senón a medida máis proporcionada e menos lesiva ou gravosa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com