O TSXG rexeita admitir a trámite a querella de Besteiro contra Pilar de Lara

A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita admitir a trámite a querela presentada polo ex secretario xeral dos socialistas galegos e expresidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro contra a xuíza Pilar de Lara. Unha decisión que o alto tribunal galego adopta de acordo coa postura da Fiscalía.

Besteiro presentara unha querela contra a xuíza por prevaricación xudicial pola súa actuación na instrucción da Operación Pulpo. Os abogados de Besteiro entendían que a maxistrada o acusara de financiar desde a Deputación viaxes a funcionarios cando, segundo os letrados do ex líder socialista, estes viaxes foron organizados mentres presidía a institución o popular Francisco Cacharro Pardo.

“Por un lado impútase a un inocente, o señor Gómez Besteiro, como presunto autor pese a que el non pode selo e por outro déixase de imputar a quen si podería selo”, recollía a denuncia presentada pola defensa de Gómez Besteiro que acaba de ser inadmitida a trámite.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com