O turismo en Lugo medra nun 13% ata o mes de xuño

O primeiro semestre do 2016 pecha na cidade de Lugo cun incremento dun 13% no número de viaxeiros que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo, que espera atender a máis de 15.000 visisitantes no verán. De feito, nos primeiros meses deste ano achegáronse preto de 17.300 visitas á Praza do Campo, incrementándose nun 13% con respecto ao mesmo período do ano anterior e nun 14% máis que no 2014, anos nos que os turistas rexistrados estaban preto dos 15.000.

A concelleira deTurismo, Carmen Basadre, celebrou a evolución positiva que vén sufrindo mes tras mes, e ano tras ano as visitas á cidade, ao tempo que se mostrou optimista respecto ao comportamento do turismo de cara o verán. Por comunidades autónomas, Lugo recibe un importante número de visitantes de Madrid, Cataluña e Castela e León, supoñendo un 37% das visitas nacionais. En canto ao turismo internacional, dos 2.670 visitantes, predominan os cidadáns de Francia (374), Alemaña (343), Estados Unidos (286) e Arxentina (270).

“Estes datos demostran que Lugo é un destino que sigue de moda, pois acolle unha variada oferta turística monumental, cultural, deportiva e gastronómica, así como diferentes opcións que cobixan o pasado e a riqueza do municipio”, subliñou Basadre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com