O V Arde Lúpulus achega 70 tipos de cervexas artesás á Praza Horta do Seminario

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingu xunto ao presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro, presentaron, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, a V edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus, que terá lugar dende mañá xoves ata o domingo na Praza Horta do Seminario, en horario de 12:00 á 01:00 horas. Trátase dun evento de balde e organizado pola asociación a través do patrocinio da entidade local, co obxectivo de dar a coñecer este produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira en torno a esta bebida.

Durante o acto de presentación no que tamén estiveron presentes outros artesáns, a titular de cultura destacou que “ao longo destas xornadas poderanse degustar preto de 70 tipos de cervexas artesás de produtores tanto galegos coma outros chegados de diferentes puntos da península”. A edil tamén sinalou a importancia de impulsar este tipo de iniciativas que apoian ao sector emprendedor e dinamizan a actividade da cidade, ofrecendo ademais postos de comida, concertos ou obradoiros para os máis cativos e cativas”.

Pola súa banda, Loureiro agradeceu o apoio do Concello que “cada ano fai posible a posta en marcha dunha nova edición do Arde Lúpulus, que nesta ocasión e como novidade inclúe un día máis de feira, ademais dunha zona de xogos e novas especialidades de cervexa”. Nesta liña, convidou a toda á cidadanía a achegarse á Praza Horta do Seminario a partir do 3 de maio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com