O Vello Cárcere acolle a presentación do libro Doce cartas a María Victoria Moreno

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este mércores na presentación do libro Doce cartas a María Victoria Moreno xunto á propia autora da publicación, Ánxela Gracián. A presentación, que tivo lugar no auditorio do Vello Cárcere, contou cun acompañamento poético- musical a cargo de Aroa Millares e membros da Banda Infantil de Música de Rábade.

No acto tamén estiveron presentes a editora, Laura Rodríguez, e o ilustrador, Antonio Seijas, entre outros. No acto de presentación, Carmen Basadre puxo en valor este traballo pola súa achega literaria ao mundo da cultura e lingua galega.

A obra, para público a partir de 10 anos, ten como protagonista ao lobo Garimoso, ese animal creado por Moreno na súa primeira novela, qe agora decide escribir 12 cartas á súa creadora, coa que lembrará a infancia e mocidade da propia autora ou a súa concepción da docencia. É polo tanto unha biografía literaria.

Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos -cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos e as fermosas ilustracións que atraerán ao público infanto-xuvenil- á vida auténtica e ao legado literario da escritora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com