O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro participou no acto inaugural da feira de educación Talen Lab Lugo, que tivo lugar esta mañá no centro social do Vello Cárcere.
Trátase dun foro onde estudantes, familias e docentes poden coñecer e recibir orientación sobre a oferta formativa de diferentes colexios e institutos da cidade de Lugo, en concreto, dos seguintes centros escolares participantes no encontro: CPR Plurilingüe San José, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, CPI Ramón PIñeiro, CPR Plurilingüe A Milagrosa, CPR Plurilingüe Cevantes e CEIP de Bretoña.
Con todo, o Talen Lab Lugo incluía tamén unha programación moito máis ampla, con actividades que se desenvolveron xa desde o pasado xoves e que incluían distintos obradoiros, conferencias e encontros prácticos sobre distintas áreas e metodoloxías da ensinanza e do aprendizaxe.