Dende o 12 de decembro, o segundo andar adicado ao bloque de mulleres das instalacións de O Vello Cárcere de Lugo conta cunha nova exposición artística do creador de A Arzúa Roberto Castro. ‘Liberarte’ trátase dunha mostra plástica escollida entre a obra total da traxectoria do artista e fai perceptible a súa evolución dende o realismo á abstracción e da bidimensionalidade á textura. Técnicas como o collage son tamén recollidas.
A través de trazos desenfadados, que deixan pinturas alegres e amables, Castro oferta unha viaxe polo subconsciente de cada ollador. Busca espertar o instinto do incógnito e da imaxinación subxectiva coa creación de contextos desenfadados e visionarios. Como define o propio artista, permite “ver o que imaxinas e imaxinar o que ves”.