O Vello Cárcere recreará os últimos 30 anos de excavacións arqueolóxicas en Lugo

O Vello Cárcere recreará desde este xoves, 2 de agosto, os últimos 30 anos de excavacións arqueolóxicas en Lugo. Será coa exposición Desenterrar o pasado: un percorrido pola arqueoloxía de Lugo, que pon o broche de ouro ao ciclo de conferencias, que baixo o mesmo título que a mostra, serviu para pór en valor o rico patrimonio arqueolóxico da cidade e a súa importancia dende o punto de vista histórico, a través de distintas xornadas, nas que participaron unhas 650 persoas.

A inauguración da mostra, que serve de resumo e reflexión do acontencido na arqueoloxía de Lugo nos últimos anos e coa que o Concello continúa a celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, será ás 20:00 horas, e ficará neste espazo ata o 30 de setembro.

Desenterrar o pasado articúlase en varios bloques, que se desenvolven, de xeito correlativo, nas dúas plantas do espazo expositivo da zona de mulleres deste edificio convertido en centro cultural. Coa exposición, coordinada e comisariada polo arqueológo municipal Enrique González, trátase de dar unha visión xenérica da arqueoloxía na cidade de Lugo dende 1986, data na que dan comezo as primeiras escavacións con motivo dos aparcadoiros subterráneos, e ata a consolidación da arqueoloxía urbana, coas escavacións nos diferentes soares de ámbito privado, pero tamén nos espazos e vías públicas; pasando pola posta en valor dalgúns dos principais restos arqueolóxicos, a investigación nos principais monumentos da cidade, como a Muralla e as Termas, e incluso do territorio circundante.

A exposición está concibida cun sentido cronolóxico, para que a persoa espectadora poida apreciar o desenvolvemento da actividade arqueolóxica ao longo destes anos, con referencia ás principais intervencións arqueolóxicas levadas a cabo en solo urbano, así como aos achados máis significativos. Como recurso expositivo recórrese ao arquivo visual da arqueoloxía lucense, con fotografías de escavación, fotoreportaxes e noticias de prensa, así como algunhas das pezas arqueolóxicas atopadas nas escavacións; sen esquecernos do uso das novas tecnoloxías, coa recreación de pezas en 3D.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com