O Vello Cárcere rompe estereotipos coa presentación do libro ‘Galofoguete’

O Vello Cárcere rompe estereotipos ao acoller esta tarde a presentación do libro Galofoguete. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu á presentación pública dun libro que rompe estereotipos,Galofoguete, obra de dúas luguesas, Elena Fernández, a escritora, e Inés Varela, a ilustradora. A esta presentación tamén se achegou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e numeroso público de todas as idades.

Galofoguete trátase dun libro que narra a historia dun galo que quere voar a unha galaxia e que non pode, por mor dunha caída que sufre nun prado. Alí atópao unha cativa, Sabela, a protagonista, que o leva onda súa nai, mecánica de profesión, coas que finalmente o galo se queda a convivir. Con esta obra búscase subliñar a importancia de apreciar a amizade, enxalzar o traballo en equipo e romper os estereotipos, onde neste caso a mecánica é a nai, deixando de ser este un oficio masculino.

O libro está editado polas propias Fernández e Varela e pódese adquirir en Lugo, Santiago, A Coruña, Carballiño, Xinzo, Allariz e Lalín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com