O venres activarase de novo o foto-vermello da Ronda da Muralla

Na madrugada do xoves ao venres, ás 00:00 horas, porase en marcha de novo o foto-vermello instalado nun semáforo da Ronda da Muralla, así o informou o Voceiro do Goberno, Miguel Fernández.  O foto-vermello levaba desactivado dende mediados de xaneiro “como medida preventiva”, sinalou Fernández, despois dunha sentenza do Tribunal Supremo sobre un semáforo deste tipo en San Sebastián.

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo, desestimou un recurso dun particular contra unha multa, ratificando así a correcta actuación do Concello e resolveu que o dispositivo é legal, e que non ten que pasar calibracións nin controis metrolóxicos, pois limítase a regular o paso combinado de vehículos e peóns nunha intersección e, por elo, resulta irrelevante a velocidade a que circule o vehículo que o rebasa en fase vermella.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com