O VII Desfile de Moda da Época Romana convocou a numeroso público

O Mercado Municipal acolleu este domingo dende as 18:00 ás 19:30 horas, unha edición máis, e xa van sete, da Mostra de Moda e Vestimenta de Época Romana, enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello, á que asistiron unhas 300 persoas, entre as que se atopaba a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Trátase do mellor escaparate de vestimenta, complementos e peiteados de firmas lucenses de cara ao Arde Lvcvs.

Este desfile, que foi presentado pola actriz lucense Alba Mesa e custodiado por membros da Guardia Pretoriana e Trebas Galaicas, contou coa participación de 8 deseñadores e 5 perruquerías, que mostraron as súas mellores creacións inspiradas na época romana.

Tal e como destacou a Concelleira, esta mostra constitúe unha importante oportunidade para dinamizar o sector máis creativo do municipio, pois nela danse  a coñecer as súas propostas de cara ao vindeiro Arde Lvcvs, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño. Este ano, ademais, os asistentes tiveron a ocasión de gozar cun espectáculo de danza de dúas bailarinas da escola de Star Dance. Neste evento tamén desfilaron os participantes do obradoiro de vestimenta romana que o Concello puxo en marcha na Casa da Xuventude e que foron peitedados polos alumnos e alumnas do ciclo de perruquería do instituto Muralla Romana.

Nesta gala deuse cita o mellor da creatividade lucense da man de Beatriz Valín, María Tacón, Corazóns Artesáns, D´ponepin, Pandelandras, Don Botón, Unha de Romanos e Lowena. As perruquerías participantes foron Avalon Peluqueros, Peluquería Azares, Miriam Souto Peluqueros, Vanessa Martínez e Peluquería Venus.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com