O vindeiro día 1 de setembro comeza o XVI Torneo Nacional de Tenis IBP

Como cada mes de setembro, o Club Fluvial de Lugo acolle o Torneo Nacional de Tenis IBP Santander Consumer, que este ano alcanza a súa décimo sexta edición, e que se celebrará do 1 ao 13 de setembro nas pistas exteriores do Club Fluvial de Lugo.
Este torneo, un ano máis dedicado á memoria de María de Villota, comezará o vindeiro martes día 1 para as categorías inferiores, polo que os interesados en participar poderan formalizar a súa inscrición ata o 31 deste mes. Mentres, os xogadores da categoría absoluta dispoñerán ata o día 6 para inscribirse, xa que a competición arrincará para eles os días 7, 8 e 9, coa fase previa; os días 10,11 e 12, para disputar os partidos correspondentes ao cadro final, con semifinal incluída; e o día 13 para xogar a gran final.
Polo momento xa hai preto de 40 xogadores rexistrados. Do mesmo xeito que outros anos, haberá varios premios en metálico para os mellores clasificados en absoluta como os 2.000 euros para o campión; 1.000, para o finalista; 500 euros para os semifinalista e 250 para os xogadores que disputen os cuartos de final, así como 125 euros para os que alcancen os oitavos.
Este torneo, que xa é un clásico no calendario de tenis para o equipo do Fluvial, conta coa colaboración do Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Área de Deportes da Xunta de Galicia e Ibertenis. A entrada será libre, tanto para socios como para non socios, para ver calquera dos partidos deste torneo, coas medidas de distanciamento e seguridade que xa operan en todo o Club Fluvial, tanto nas instalacións internas como externas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com