O vindeiro martes remata o prazo para que clubs lucenses soliciten a utilización de instalacións deportivas municipais

A Concellería de Xuventude e Deportes está a piques de rematar o prazo para que as distintas entidades deportivas e clubs lucenses presenten as solicitudes de utilización das máis de trinta instalacións deportivas municipais, de cara á tempada 2024-2025, e que abriu o pasado día 3. Deberán entregar as súas peticións no Rexistro Xeral, vía telemática, antes do vindeiro 18 de xuño, cubrindo o modelo 801, que se pode descargar no web do Concello de Lugo, no enlace:

https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2019/11/801cast_solic_de_instalacion_deportiva.pdf

O Concello de Lugo dispón de varios campos de fútbol, canchas de baloncesto, pistas de atletismo ou piscinas municipais, pero tamén de instalacións que permiten a práctica de disciplinas máis minoritarias como sala de esgrima, de tiro olímpico, rocódromo, béisbol ou tiro con arco, entre as máis de trinta instalacións que actualmente son empregadas polos clubs para adestramentos durante a semana e para competicións e torneos, os fins de semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com