O voceiro do PP de Cervantes di que o Psoe reclama un tema xa resolto pola Xunta

O voceiro do PP de Cervantes fixo unha declaracións onde asegura que a Consellería de Medio Rural xa concedeu os primeiros 19 permisos para pastoreo, polo que se trata “dun tema que xa está resolto”, a pesares de ser unha prohibición que contempla a lei existente de incendios, e que fora impulsada polo bipartito cando tivo responsabilidades de goberno na administración autonómica.

“Definitivamente o PSOE non se entera”, así de contundente resposta o voceiro do PP en Cervantes, Javier Santín, ás manifestacións do PSOE, e nas que esixen á Xunta de Galicia que axilice os permisos do pastoreo nas zonas queimadas.

Santín subliña que, “unha vez máis, se demostra o pouco rigor co que actúan”. “O único que fixeron en todo este proceso foi sacar notas de prensa, no canto de arrimar o hombro para resolver o problema da maneira máis favorecedora”, afirma.

Deste xeito, e lamentado “a profunda desinformación do secretario de Medio Rural do PSdeG”, si que considera necesario poñer en valor a sensibilidade do Goberno galego respecto deste asunto, así como a súa vontade colaborada con Cervantes. “Creo que se alguén estivo á altura de todo este proceso foi o Partido Popular que, dende o minuto 1, lideraron tanto o operativo da extinción como as medidas posteriores para axudar a revitalizar a zona no menor tempo posible”, remarca.

E é que a Xunta de Galicia xa resolveu o convenio a través do cal lle concede a este municipio da Montaña unha segunda brigada contra incendios, co fin de dotalo de máis recursos ante posibles lumes e de garantir a seguridade dos veciños. A través desta iniciativa, o Executivo galego non só paga a brigada, senón que sufraga os custos derivados do desbroce das pistas e a motobomba municipal. Así mesmo, no marco do programa autonómico “A prol do Rural 2018”, a entidade local tamén poderá contratar dous operarios para labores de desbroce.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com