O xerente do HULA, Ramón Rico, defendeu o peche dunha das unidades de xeriatría no hospital, que conta con 34 camas, e sinalou que se trata dun procedemento normal para “axustar o número de camas ás necesidades da poboación”.
Rico lembra que, en todo caso, os doentes desta especialidade poden instalarse en calquera das outras 700 camas dispoñibles noutras unidades. “Calquera persoa en Lugo de máis de 65 anos que precise coidados de xeriatría ten a súa disposición todas as camas do HULA, agás as de pediatría”, engadía. A este respecto apuntou que nos meses de verán se reduce a demanda de camas nesta especialidade.
Palabras de Ramón Rico esta mañá que tamén anunciou que no mes de outubro se instalará no HULA o segundo acelerador lineal para dar atención aos doentes do servizo de radioterapia. O primeiro destes aceleradores fora instalado a finais do 2015.