O xinete Marcos Ortega vence no 1º Torneo Copa Deputación de Lugo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, entregou este sábado ao xinete compostelán Marcos Ortega que competía con Cinala S, o primeiro Trofeo Copa Deputación, que se celebra por primeira en Lugo con Equiocio. A proba de saltos, consistia en facer o percorrido sinalado en menos de 85 segundos, e cunha altura de 1.20 metros.

O segundo clasificado desta competición foi Pedro Ballester que montou a Plus Jamais, e o terceiro da proba foi o vasco Oier Bañuelos, que participou con Charleston. Rivera Capón felicitou aos 39 participantes deste Trofeo que se celebrou por primeira vez na Provincia. Explicou que , dende o Goberno da Deputación achegamos 10.000 euros para financiar este evento. “E facémolo porque é un imporante impulso económico para a cidade, pois move a un grande número de amantes do mundo do Cabalo”.

Equiocio celebrase dende o 13 ata o 16 de abril, no Pazo de Feiras e Congresos, e participan 150 xinetes de Galicia, Asturias, País Vasco e Madrid. Ademais este conta cun marcado perfil social, pois a recadación irá destinada á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com