O XIV Clinic Lugo e Básket Hierros Ferreiro celebrarase o domingo no Pazo Provincial dos Deportes

O Concelleiro de Deportes do concello de Lugo, Miguel Fernández, o Deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera, e o director deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello de Lugo o XIV Clinic Lugo e Basket Hierros Ferreiro, que se celebrará o vindeiro domingo, no Pazo Provincial dos Deportes.

Miguel Fernández agradeceu o “constante esforzo” da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón para achegar o deporte da canastra á cidadanía de Lugo e indicou que poderá contar coa colaboración do Concello para vindeiras ocasións. O edil subliñou que o Concello está a colaborar con calquera tipo de iniciativa tendente a favorecer a aprendizaxe dos adestradores de Lugo e doutros puntos da xeografía.

Miguel Fernández puxo en valor o cartel de luxo desta edición, pois conta con Lisardo Gómez, Andreu Casadevall, Natxo Lezcano e Paco García, adestradores de recoñecido prestixio, moi vinculados co baloncesto lucense, posto que todos eles ocuparon ou ocupan o banquillo do Breogán.

Pola súa banda, o Deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera, augurou o mellor dos éxitos a esta edición especial, tendo en conta a alta participación e acollida que acadaron as citas anteriores deste clinic, onde adestradores e xogadores aprenderon coas explicacións dadas polos poñentes de ditas actividades formativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com