O xuíz condena a unha muller que atopou un décimo premiado co “gordo” a devolvelo á súa lexítima dona

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo condena por un delito de apropiación indebida á muller acusada de cobrar un décimo da Lotería de Nadal do ano 2014 que resultou agraciado co primeiro premio.

Na sentenza considérase probado que a acusada atopou o décimo e, unha vez comprobou que estaba premiado, borrou unha inscrición a lapis que a súa lexítima propietaria fixera na parte posterior do boleto, antes de presentalo ao cobro nunha oficina bancaria.

O maxistrado condenaa ao pago dunha multa de 1080 euros  e a indemnizar á denunciante en 320 580 euros, a cantidade que percibiu polo premio unha vez deducidos os impostos legais. A sentenza non é firme e contra a mesma cabe recurso ante a Audiencia Provincial de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com