Prisión provisional comunicada e sen fianza. É o que decretou o maxistrado do Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo para o home senegalés investigado por asasinar supostamente a Tatiana Vázquez, a moza que aparecía acoitelada o pasado sábado no interior do seu vehículo situado na rúa Montirón, en Lugo.
Hoxe o principal sospeitoso do crime era trasladado dende os cabalozos aos xulgados, onde prestou declaración perante o xuiz que posteriormente ordenou a súa entrada en prisión.
O ex-mozo de Tatiana está sendo investigado por un presunto delito de homicidio, con todo tamén está acusado de outro de malos tratos, despois de que nas últimas semanas familiares e amigos da moza presentasen diferentes denuncias contra el.