O Xulgado do Social número 3 de Lugo, ven de fallar a favor do Concello de Becerreá no pleito que os traballadores do GES interpuxeran contra o concello pola rescisión dos contratos “O Concello de Becerreá denunciou o convenio de colaboración vixente (expediente completo achegado) e o logo xa se ditou o Decreto 2021-0694 de data 18 de novembro de 2021 que deu lugar a un expediente de regulación de emprego para o persoal do GES. Ficou acreditado que o grupo de emerxencias supramunicipal Concello de Becerreá estaba composto de 11 traballadores/as que formaban parte dun cadro de persoal de 24 traballadores/as. Xa que logo, existía unha sobredimensións dos GES dentro da plantilla (eran o 46%), polo que é perfectamente razoable que o concello optarse por reorganizar os seus efectivos de persoal e prescindise dun grupo de traballadores/as que aínda pertencendo ao concello realizaban funcións múltiples nos concellos de Baralla, As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro, é dicir, sen sequera ter título competencial (funcións que xa non ían a realizar unha vez denunciado o convenio o Concello de Becerreá denunciou o convenio de colaboración vixente (expediente completo achegado) e o logo xa se ditou oDecreto 2021-0694 de data 18 de novembro de 2021 que deu lugar a un expediente de regulación de emprego para o persoal do GES. Ficou acreditado que o grupo de emerxencias supramunicipal Concello de Becerreá estaba composto de 11 traballadores/as que formaban parte dun cadro de persoal de 24 traballadores/as. Xa que logo, existía unha sobredimensións dos GES dentro da plantilla (eran o 46%), polo que é perfectamente razoable que o concello optarse por reorganizar os seus efectivos de persoal e prescindise dun grupo de traballadores/as que aínda pertencendo ao concello realizaban funcións múltiples nos concellos de Baralla, As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro, é dicir, sen sequera ter título competencial (funcións que xa non ían a realizar unha vez denunciado o convenio). Existen, xa que logo, as causas alegadas para o cese”.
Do mesmo xeito, o xulgado tamén rexeita as indemnizacións que pedian os traballadores “en relación á improcedencia pola indemnización, tampouco se pode acoller xa que foron indemnizados de xeito correcto tal e como se analizou no Fundamento de dereito 3o desta resolución.No que se refire ao último argumento, tampouco se pode acoller. En primeiro lugar, non todos os traballadores foron declarados indefinidos por resolución xudicial. En segundo lugar, aínda que non é un feito controvertido que son indefinidos todos eles por fraude na contratación, iso non lles outorga unha estabilidade absoluta no seu posto de traballo e a normativa relacionada coa estabilización do persoal laboral temporal (que non estaba en vigor cando se adoptou na decisión extintiva) en nada obriga a que se manteñan os postos de traballo ata a convocatoria dos futuros procesos de estabilización. En suma, nin existe causa de nulidade nin de improcedencia nin motivo que xustifique a indemnización solicitada xa que a decisión do demandado foi correcta. A demanda ten que rexeitarse”.