O Xulgado declara a nulidade do despido de cinco operarios do GES de Guitiriz

O Xulgado do Social nº 3 de Lugo vén de decretar a nulidade do despido de 5 operarios do GES de Guitiriz no pasado mes de maio. Esta sentenza ven a ratificar o que no seu día denunciamos desde a CIG e que era que a extinción do servizo dos GES e os despidos correspondentes non atendían a ningunha razón obxectiva, senón a un “capricho” da alcaldesa por aquel entón, Regina Polín, por “desfacerse duns traballadores que lle resultaban incómodos por ter reclamado dereitos que lles eran propios como se ten demostrado nas resolucións da Inspección de Traballo e en varias sentenzas anteriores dos xulgados do social ao respecto”.

A sentenza considera a nulidade dos despidos pola vulneración dos artigos 24 e 28.1 da Constitución Española, e así literalmente di “non consta ningunha razón que xustifique a decisión extintiva adoptada polo Concello de Guitiriz polo que resulta clara a conexión entre a presentación dos actores a eleccións de representantes dos traballadores e as anteriores reclamacións e demandas presentadas polos actores coa posterior decisión extintiva
adoptada pola empresa”.

Con esta sentenza, que o Concello pode recurrir ante o TSXG desde a CIG entendemos que se ven a fecer xustiza con este grupo de traballadores e traballadoras que se viron represaliados por ter a osadía de reclamar dereitos inherentes ao seu posto de traballo, tales como ter cadrantes de traballo, dispor de EPI´s para desenvolver a súa actividade, dereito a participar en accións formativas, etc.

A esta sentenza hai que sumar a do outro traballador do GES despedido, e que gañou a improcedencia do despido co dereito a optar pola reincorporación, polo que o Concello está na obriga de reincorporar a estes 6 traballadores. “Desde a CIG entendemos que a decisión máis responsable a tomar polo Concello de Guitiriz debera de ser a de solicitar adherirse de novo ao convenio dos GES e prestar de novo o servizo, mais toda vez que desde a FGAM xa se comeza a falar da posibilidade futura de traspasar estes servizos a consorcios provinciais de emerxencias”, aseguran dende o colectivo sindical.

De momento, a maiores dos propios traballadores, os maiores afectados da “tolemia de xestión”, segundo o sindicato, do GES de Guitiriz son os veciños da localidade, posto que no presente ano 2019 os “experimentos” da anterior alcaldesa vanlles custar mais de 100.000€ en conceptos salariais e de cotización á seguridade social destes traballadores, “cartos que deben de abonarlles por non traballar, cando se estiveran traballado no GES, o custo salarial dos mesmos sería asumido pola Xunta e pola Deputación“.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 03, 2019 - 09:55 PM

    Coma sempre os caprichos paganse caros. O malo é que quen paga e o pobo sin comelo nin vevelo. SENTIDIÑO…………

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com