O Xulgado mindoniense ratifica que a morte da rapaza nas Catedrais foi accidental

O Xulgado de Instrución nº1 de Mondoñedo desestimou o recurso de reforma interposto pola familia da moza falecida na praia das Catedrais contra a decisión da xuíza de sobreser as actuacións por entender que a morte foi accidental. De acordo coa opinión do Ministerio fiscal, a xuíza mantén a decisión de arquivar as dilixencias. Este auto non é firme, xa que pode ser recorrido en apelación ante a Audiencia Provincial, nun prazo de 5 días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com