O Xulgado pecha a investigación sobre o presunto asasinato dunha muller en Becerreá a mans da súa parella

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá concluíu a investigación sobre o presunto asasinato dunha muller de 40 anos en 2016 e decretou a apertura de xuízo oral. O sospeitoso, parella da vítima, será axuizado por un Tribunal do Xurado na Audiencia Provincial de Lugo. A instrutora do caso ratificou nun auto notificado hoxe a prisión provisional do acusado e requiriulle que preste 245.500 euros de fianza para facer fronte ás posibles indemnizacións que se lle puidesen impoñer na sentenza. No caso de que non abone os cartos, o xulgado procederá ao embargo dos seus bens.

A xuíza indica no auto que o sospeitoso debe ser axuizado por presuntamente disparar cunha escopeta a vítima no domicilio familiar cando se atopaba “totalmente desprevida, de costas e sen posibilidade de opoñer defensa”. Os feitos foron presenciados polos dous fillos menores da falecida, un dos cales resultou ferido polo disparo. As acusacións sosteñen que o sospeitoso tiña “intactas as súas facultades para comprender os seus actos e a vontade para decidirse a executalos”. A Fiscalía reclama que sexa condenado a 28 anos de prisión como autor de delitos de asasinato, ameazas e malos tratos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com