O XVI Concurso de Tapas de Lugo celebrarase do 4 ao 20 de setembro

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou esta mañá as datas de celebración da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo. Terá lugar do 4 ao 20 de setembro.
Neste sentido, o prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro xoves 16 de xullo.
Poden concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida –ficha de inscrición , fotocopia do ingreso da cota de inscrición, ficha técnica da tapa e fotografía da tapa– a través deste correo electrónico comunicacion@apehl.org.
As bases do XVI Concurso de Tapas de Lugo enviaranse por correo electrónico e estarán a disposición nas páxinas webs www.apehl.org e www.eparacomerlugo.com.
Debido á situación epidemiolóxica existente, as bases deste XVI Concurso de Tapas de Lugo poderán sufrir variacións para respectar as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias e cumprir coa normativa vixente.
Para máis información poden chamar ao teléfono da Apehl 982 226 912 en horario de 9:00 a 14:00 h. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com