A obra “Baixamar” de Manuel Carballeira Rivas gaña o XXVII Certame José Domínguez Guizán

O xurado do XXVII Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, e formado por Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira, pintor; Manuel Gulin Rodríguez, pintor; e Xulio Giz Ramil, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto, acordaron, por unanimidade, conceder o Premio José Domínguez Guizán, dotado con 1.500 euros e estatuiña de Sargadelos,  a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo- Cospeito, e veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”.

Pola calidade das obras presentadas, concedeuse tamén cadansúa Mención de Honra dotada con estatuiña de Sargadelos, aos autores das seguintes obras: “Reflejos en el puerto”, de Fernanda Fernández Suárez de Vigo; “O Pedrido”, de Francisco Maceira Rodríguez, do Ferrol; “Babelia”, de Vicente J. Roura Gómez, de Pedrafita-Guitiriz.

Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura de O Nadal en Begonte, que se celebrará o próximo 28 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com